Rob Paravonian é un músico e humorista estadounidense. Ten un monólogo moi bó sobre o Canon de Johan Pachelbel. O video orixinal xa leva mais de 5.7000.000 visitas. Oxalá non o vexan os da $GAE, senon igual empezan a poñer pleitos por plaxio ós grupos. Con estes nunca se sabe.
Rob Paravonian
Melide is different
Esta foto fíxena en Melide este verán. A imaxe parece sacada dunha película de Emir Kusturica.
Se bebes non conduzas
Aínda que sexa unha bici.
Un perigo ó volante
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/W1zWJmkNUq8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Manu Chao e Maradona
Manu Chao cantándolle a Maradona.
O video atopeino no que parece ser a paxina de Manu Chao en Dailymotion. (Vía yonkis.com)
Televisión e censura
Leo aquí un post cunha recopilación de videos emitidos en tv nos anos 90. Eran outros tempos. Hoxe en día, coa ultra corrección política que queren mostrar as canles, serían criticados e censurados, nunca os veriamos. Non hai mais que ver o que ten pasado con algunha publicidade (exemplos).

No caso deste anuncio, acordome que o retiraran porque protestaran colectivos feministas e tamén algún colexio médico. Incrible, xa non se pode facer publicidade creativa e con humor, sempre haberá un colectivo que se sinta ofendido.
Emilio Botín e o inglés
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jaLDoWqIq2M" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Vendo este video non parece que o Sr. Botín teña moita facilidade para os idiomas, cousa que sorprende sendo o presidente do primeiro banco de España. El non se avergonza nin parece ter complexos por falalo mal. (Outro video)
Aquí (en Galicia) moitos galegofalantes falanlle en castelán ós seus fillos (vergonza?, complexo?) porque cren que é mellor que usen unha lingua de 300 millons de falantes en vez dunha de 3, como se a «importancia» dos idiomas viñese dada polo número de falantes. Xa se sabe, «co ghallegho non vas a ninghún sitio«. Nin que fora un coche. Seguir lendo
Traballo digno
¿Buscas un traballo digno? Tentao no Google , busca »voy a encontrar un trabajo digno» e clica en vou ter sorte.
René Lavand (II)
Hai catro meses escribía un post sobre René Lavand. Este pasado luns desfrutei do seu espectáculo no Teatro Principal, en Compostela, dentro da programación de Compostela Máxica 08.

Para quen non o coñeza e nunca o vira actuar, sigo recomendando os seus videos.


