Touriño fala o galego rematadamente mal para ser o presidente da Xunta. O peor de todo é que parece non facer nada para corrixilo, coa conseguinte mala imaxe para o idioma e o pitido que nos produce nos oidos ós galegofalantes.
E como é mellor rir que chorar, xa se fixo na internet unha touripedia, unha especie de diccionario touriño-galego, que agora se completa con un video recopilatorio das mellores frases.
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/Zy5ekJfR5dY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Por certo, non é Touriño o único, hai moi poucos políticos que falen ben. Eu polo menos nunca os escoito dicir duas frases seguidas sen nengún erro.